PARTICIPANTES

ANTONIO MORENO
Formador, educador social e animador sociocultural; experto en desenvolvemento asociativo e membro do Colectivo de Educación para la Participación - CRAC. http://www.redasociativa.org/crac
Coordinador do Proxecto "Creando Futuro", programa de investigación, formación e dinamización xuvenil, desde oaño 2002.
Membro del Equipo de Formación del CRAC e da "Escuela de Asociaciones" do Norte de Marruecos e da "Escuela Virtual de Asociaciones". Proxecto CRAC e ACUDEX (Extremadura).

É asesor de programas de participación social das Palmas de Gran Canaria, Comaraca Zafra – Río Bodión eProvincia de Cádiz. Forma parte do Consello Asesor da Fundación Esplai e Revista de Documentación Social.

Publicacións:
-VARIOS. “La Educación Popular ante el Siglo XXI”. Universidad de Sevilla. Instituto Andaluz de la Juventud. Sevilla. 1997.
-VARIOS. “Cómo está el patio del movimiento asociativo”. 2000. Ayuntamiento de Jerez de la Frontera.
-VARIOS. “El tercer sector visto desde dentro: la renovación de las Ong´s y los retos ante la exclusión social”. 2002. Fundación Esplai. Ministerio de Asuntos Sociales.
-CRISTINA BUSTOS y ANTONIO MORENO. “Los Equipos: cómo trabajar juntos sin tirarnos los trastos”. Cuaderno Práctico nº3. 2000. CRAC.
-FERNANDO DE LA RIVA y ANTONIO MORENO. “Redes Asociativas: sumar fuerzas para multiplicar resultados”. Cuaderno Práctico nº4. 2002. CRAC-Fundación Esplai.
-LITA GÓMEZ TERRÓN y ANTONIO MORENO. "Comunicación Asociativa: no sólo hablando se entiende la gente". Cuaderno Práctico nº5. 2003. CRAC-Fundación Esplai.
-VARIOS. "Cómo construir una red". Documentos de Trabajo. Escuela de Otoño. Plataforma para la promoción del Voluntariado en España. 2003.
-ANTONIO MORENO. "Creando Futuro...porque es posible.". Intervención Psicosocial. Volumen 12, nº2, 2003. Madrid.

-VARIOS. “Construyendo experiencias significativas de acción y participación sociaI”. CRAC-Agencia Andaluza del Voluntariado. 2008.

MARCOS SANLUIS
Marcos Sanluis (A Coruña, 1975). Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago, traballa en Radio Coruña Cadena SER desde setembro de 2001. Na actualidade, dirixe e presenta o espazo de información e opinión La Ventana de A Coruña. É vicedecano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia desde maio de 2008. Antes, traballou en Radio Voz, Onda Cero e a Axencia Galega de Noticias. É o autor do blog El Túnel desde setembro de 2005. http://otrotunel.blogspot.com/


PABLO VAAMONDE
Médico de familia do Centro de Saúde de Labañou, na cidade da Coruña.

ANA R. BARREIRO POSSO
Licenciada en Psicopedagoxía e diplomada en Educación Social, traballa como técnica especialista en programas socioculturais

JORGE CASTRO
É traballador das bibliotecas municipais da Coruña e autor do blog "Menores en Red" ( http://www.menoresenred.com/ ), desénvolvese como educador non formal desde hai anos en distintos ámbitos. Actualmente dedícase sobre todo á educación nas tecnoloxías da información e a comunicación impartindo cursos e charlas sobre este tema, especialmente no que se refire aos menores.
na súa proposta da tarde abordará ás redes sociales, blogs, sms… Un mundo tecnolóxico que abre portas á participación, á mobilización… A forza da Web 2.0. Desde o compromiso social e político (ciberactivismo, ciberturbas) á arte efímera (flash-mobs). Analizando ás redes sociais como vertebradoras da participación.


PRECICLA!
É un colectivo formado por xoves arquitectos especialistas en sustentabilidade,
que avogan polo inminente cambio de hábitos da sociedade na que vivimos, en pro, dun consumo reflexivo-sustentable e dunha optimización dos recursos de que dispoñemos. As ferramentas para isto serán a educación e o enxeño.
Traballan como base a educación tomada como pilar básico da sociedade sendo o modo de facer perdurable o concepto de sustentabilidade. no seu proxecto dan a entender ideas coma "a limitación dos recursos", "a pegada ecolóxica", "o consumo responsable" ou "a sustentabilidade" achegándoas ao maior colectivo social posible.

ALBERTO PEREIRA
Técnico da Divisão de Acção Cultural da Câmara Municipal de Palmela (Portugal)
ÓSCAR CASTRO
Coordinador do Centro Municipal de Información Xuvenil da Coruña desde o que se levan a cabo os programas de Antenas e Correspondentes de Información Xuvenil.
O Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña, coa colaboración dos centros públicos de ensino secundario da Coruña, sitúa durante o curso unha REDE de pequenas sucursais, tanto nos 19 IES, como na Escola Oficial de Idiomas, a Escola de Artes Plásticas e Superior de Deseño Pablo Picasso e o Conservatorio Profesional de Música coa finalidade de manter informados a todas e todos os/as mozos/as da cidade.http://www.coruna.es/nex