jueves, 8 de abril de 2010

2010 Xornadas de Lecer, Mocidade e Políticas Públicas Locais

Desde a Concellaría de Mocidade do Concello da Coruña imos levar a cabo unha "Xornada sobre Lecer, Mocidade e Políticas Públicas Locais", o día 3 de maio do 2010, no Fórum Metropolitano, orientada para técnicos de mocidade, dinamizadores socioculturais, e persoas con interese no ámbito do ocio e a mocidade.
Esta xornada atende á necesidade de dar e buscar respostas ao estado actual do concepto do ocio na sociedade e o intento das políticas públicas locais por promocionar formas de ocio alternativas, lonxe do entremento consumista, a través dun encontro participativo, un intercambio de achegas e experiencias entre os participantes: relatores e destinatarios.

A "Xornada sobre lecer...." discorrirá nun día, en sesión de mañá e tarde. Comezará cun marco xeral a cargo de Jaime Cuenca Amigo, do Instituto de Estudios de Ocio de Deusto, o que, tras unha breve pausa, dará lugar a un panel de experiencias no que se compartirán distintas iniciativas de intervención sociocultural, orientadas á xuventude, desde o ámbito das artes:
-Espazos de expresión musical: os locais de NSAIO. Alberto García, xestor cultural do Concello de Boiro e da empresa Nova Xestión Cultural.

-As artes escénicas e a mocidade. Carlos Sante, actor e presidente da Asociación Cultural Manicómicos
-O circo social: unha ferramenta educativa e transformadora. Antonio Alcántara, educador social pola Universidade de Barcelona e responsable da Área de Formación e Circo do Ateneu Popular de 9Barris

-Na procura de novos modelos. Iván Marcos, director, actor e profesor experimentado en disciplinas teatrais e coreográficas.

Chegada a tarde, abordaránse, a través de unha estructura de obradoiros/conversas simúltaneas, de dúas horas de duración, experiencias innovadoras no campo da promoción, dinamización, información e procura de un ocio alternativo, intentando dotar de ferramentas as persoas destinatarias das xornadas.
1-Programas de lecer saudable: da experiencia á practica. Miriam Viñas, técnica responsable do Programa Noites Abertas do Concello de Pontevedra
2-A dinamización de proxectos xestionados pola mocidade. Antonio Alcántara, educador social e responsable da Área de Formación e do Circo do Ateneu Popular 9Barris
3-Espazos abertos de lecer xuvenil: a experiencia do Concello de Oleiros. Sandra Fernández, responsable do Centro de Información Xuvenil de Oleiros
4-A radio entre a xuventude: estratexias de presentación. Eduardo Dopico, educador social, profesor de actividades complementarias e coordinador de actividades extraescolares do colexio Compañía de María

5-A supervivencia dos Fracasados de Antemano, grupo rock-fusión xuvenil. Román Suárez, músico e compoñente do grupo Fracasados de Antemano

Estas intervencións parten dunha idea participativa velaí, a definición de obradoiro ou conversa, intentando que a exposición alcance un dinamismo que invite aos asistentes a participar, preguntar e formular a necesidade deste tipo de propostas nas súas programacións.

OS PARTICIPANTES


Jaime Cuenca Amigo
Profesor da facultade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade de Deusto, imparte a asignatura Escuelas de Ética contemporánea no grao de Filosofía e colabora nos másteres oficiais do Instituto de Estudos de Ocio. Como membro do Equipo de investigación interdisciplinar “Ocio y Desarrollo Humano”, estuda a significación do fenómeno do lecer na sociedade de consumo. Presentou esta líña de traballo en diversos foros científicos internacionais e colaborou en obras colectivas.

Xunto ca productora de arte consonni, participou no proxecto “Quédense dentro y cierren las ventanas”, que busca analizar as actuais condicións da vida desde a figura ficticia do zombi. Exerce como crítico de arte en diversos medios de prensa escrita.

Antonio Alcántara
Educador Social pola Universidade de Barcelona, é responsabel da Área de Formación e Circo Social del Ateneu popular 9 Barris e colaborador externo daa Axencia Catalana da Xuventud. É coñecedor de recursos de dinamización para a mocidade, ten unha longa experiencia no taballo asociativo e no desenvolvemento de proxectos participativos. É membro fundador da Asociación Xuvenil Rocket Project que xestiona e dinamiza o Casal Jove de Roquetes, levou a cabo ponencias e cursos en diversas xornadas e Universidades, e publicou diferentes artígos como "La dinamización en proyectos socioculturales gestionados por jóvenes", 2009, Quaderns d’Animació.

Iván Marcos
Estudiou teatro con Manuel Lourenzo e Phillipe Gaulier (Londres), teatro físico e circo contemporáneo na Circomedia (Bristol) así como Coreografía e Arte Dixital no Dartington College of Arts de Inglaterra. Foi codirector da compañía Hoax productions, coa que gañou un Premio Jerwood e un Premio Fringe First no Festival de Edimburgo por su espectáculo Raw Beef.
O seu traballo integra diferentes estilos teatrales e formatos artísticos, elementos narrativos e simbólicos, para xenerar situacións contemplativas que buscan a reflexión sobre a condición do mundo e das personas.
Tamén traballa como intérprete para outras compañías de teatro e danza como Matarile Teatro, Music at the Brewhouse, Point Blank o Miren Theatre, así como para diversos proxectos audiovisuais. É, ademais, un profesor experimentado en disciplinas teatrais e formas de meditación baseadas en el movimiento orientadas al trabajo de actores y bailarines.

Alberto García
Licenciado en Ciencias políticas e da Administración, é un educador social habilitado e posgrao en Animación Sociocultural. Exerce de xestor cultural no Concello de Boiro e na empresa Nova Xestión Cultural.

Carlos Sante
En 2000 inicia a súa carreira profesional na Escola Dramática Galega. Actuou con compañías como Matarile e o C.D.G. compaxinándoo con taballos de locucións, dobraxes e con numerosas participacións no audiovisual. Desenvolveu espectáculos como “Concerto Bífido” (gañador Festiclown 2000) ou “Muñekitous-A Nasional Yeografic Riport” (2º premio Radiocity Valencia 2003). É presidente da A.C.Manicómicos e director do seu festival, socio fundador da Fed. de Asoc. de Novo Circo de Galicia e co-director da escola de teatro San&saN.
Na súa formación artística cabe destacar o Posgrado en Interpretación pola Universidade de Santiago no 1998, e o seu diploma na Ècol Philippe Gaulier de Londres, onde residiu do ano 1998 ó 2000. Estudou tamén con mestres como Antonio Fava, Leo Bassi, Carlo Colombaioni, Pierre Byland, Jango Edwards, Joseph Collard, Eric de Bont, Thomas Leabhart, Carlo Boso, entre outros.

Fracasados de Antemano: Román Suárez
Fracasados De Antemano naceu aló polo 2005 no único e inigualable barrio de Labañou. Román ,Emilio, Brais, Ainhoa e Mario, máis tarde entraría Alba, botaron a andar o grupo facendo versións de rock, blues e rock and roll. Despois de moverse polo panorama de Galiza facendo bailar a moita xente, e cando a súa axenda estaba empezando a se encher de concertos, tiveron que deixar aparcada a súa actividade. Afortunadamente foi un punto e aparte. Agora, un ano máis tarde, os fracasados volven ao ataque. Sen embargo, cun estilo diferente. A nova formación do grupo (Teje:Batería - Bardanca:Baixo - Román:Teclados - Emilio:Guitarras - Brais:Voces e trompeta - Alba:Voces) intentarán facer vibrar á xente co seu pachangueo lúdico-solidario. LISTOS PARA FRACASAR¡¡¡¡

Noites Abertas: Miriam Viñas e Irene Sánchez Arines
Técnica e directora, respectivamente, do Programa de ocio alternativo nocturno para a mocidade do concello de Pontevedra, que contou co movemento asociativo para a súa posta en marcha, que asegura a implicación activa da poboación a que ía destinado.
Eduardo Dopico
Educador Social pola universidade da Coruña, é profesor de actividades complementarias e coordinador de actividades extraescolares no colexio Compañía de maría da Coruña
Centro de lecer Portaberta: Sandra Fernández Fernández
Licencia en Xeografía e Historia, habilitada como Educadora Social. Desde decembro do 2001 traballa no Concello de Oleiros como responsable do Centro de Información, xestionando o centro e programando e coordinando distintos programa e equipamentos dirixidos a Xuventude, entre os que atopamos o .
espazo aberto de lecer xuvenil Portaberta