viernes, 11 de marzo de 2011

2011 Xornadas de Participación Xuvenil e Políticas Públicas Locais



Desde a Concellaría de Mocidade do Concello da Coruña pretendemos levar a cabo unha Xornada sobre Participación, Mocidade e Políticas Públicas Locais, o día 1 de abril de 2011, no Fórum Metropolitano, orientada para técnicos/as de mocidade, dinamizadores/as socioculturais, educadores, membros de entidades xuvenís e persoas interesadas no contido da xornada ....

Esta xornada atende á necesidade de dar e buscar respostas ao estado actual do concepto de participación na sociedade e o intento das políticas públicas locais por promover estratexias para fomentar a participación para a mocidade e con a mocidade, a través dun intercambio de achegas e experiencias entre as persoas: relatores/as e destinatarios/as.

A "Xornada sobre Participación Xuvenil...." discorrerá nunha xornada de mañá e tarde, que comezará cun marco xeral a cargo de Antonio Moreno, formador, animador sociocultural, experto en desenvolvemento asociativo, membro do CRAC (Centro de Recursos para Asociaciones de Cádiz y la Bahía) e impulsor do programa Creando Futuro de formación, investigación e participación xuvenil. Tras unha pausa, contaremos cunha "Unha conversa de banco" a que nos trasladaran Enrique Lista e Héctor Francesch, artistas plásticos da cidade da Coruña.
Para finalizar a xornada de mañá, terá lugar unha charla-coloquio sobre "o impacto dos novos estilos de comunicación e participación", a cargo de Pablo Vaamonde, médico de familia do Centro Saúde de Labañou na Coruña; Ana R. Barreiro Posso, licenciada en Psicopedagoxía e diplomada en Educación Social, traballa como técnica especialista en programas socioculturais e Marcos SanLuis, licenciado en Xornalismo pola USC, traballa en Radio Coruña Cadena SER dirixindo e presentando La Ventana da Coruña e é vicedecano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Chegada a tarde, abordaránse, a través de unha estructura de obradoiros/conversas simúltaneas, de dúas horas de duración, experiencias innovadoras en diferentes ámbitos en relación coa mocidade e os procesos de participación:

1.Ferramentas para unha participación xuvenil efectiva: Antonio Moreno, formador, animador sociocultural, experto en desenvolvemento asociativo, membro do CRAC (Centro de Recursos para Asociaciones de Cádiz y la Bahía) e impulsor do programa "Creando Futuro" de formación, investigación e participación xuvenil

2. A participación desde a acción cultural: Alberto Pereira, técnico da Divisão de Acção Cultural Câmara Municipal de Palmela

3. Mocidade 2.0: movementos na rede: Jorge Castro Ruso, traballador das Bibliotecas Municipais da Coruña e autor do blog "Menores en Red. Dedícase á educación nas tecnoloxías da información e a comunicación impartindo cursos e charlas sobre este tema, especialmente no que se refire aos/as menores/as de idade

4. A participación a través da información: programas de información xuvenil para o fomento da participación. Óscar Castro, coordinador do Centro Municipal de Información Xuvenil da Coruña.

5. Mocidade sustentable: a enerxía da participación. Colectivo Precicla! representado por Marta Gómez e Sebastián Gonda, arquitectos/as especialistas en sustentabilidade que avogan polo consumo reflexivo-sustentable e pola optimización dos recursos
Estas intervencións parten dunha idea participativa velaí, a definición de obradoiro ou conversa, intentando que a exposición alcance un dinamismo que invite aos asistentes a participar, preguntar e formular a necesidade deste tipo de propostas nas súas programacións.